Tal e como estaba previsto foi un pracer para min presentar o último libro de Gonzalo Moure "Por qué llora la maestra", da editorial Kalandraka. Aproveitamos para falar de nenos, nenas e adolescentes lectores, da ferramenta da escritura e a necesidade que seguimos tendo dela para construir o noso mundo afectivo e intelectual, da saúde mental da mocidade, de burbullas tecnolóxicas e soidade, de "escrivivir" como terapia, de ternura sen cursilería... e de moitas cousas máis.
No se me ocurre mejor manera de inaugurar el curso 21-22 que teniendo una cita con mi admirado Gonzalo Moure para conversar sobre su libro “Por qué llora la maestra” (Kalandraka).
Pues así va a ser, el próximo martes 21 a las 19.00 horas en la librería Moito Conto. Un lujo! Aquí el enlace al artículo completo: https://www.lavanguardia.com/vida/20210420/6964265/sientes-pasion-escogelo-brl.html Foi un pracer pasar a tarde do martes na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga falando dun tema tan actual e necesario como a coeducación e a igualdade de dereitos e oportunidades entre nenas e nenos. O público, moi novo e participativo, foi o mellor de todo.
E as bibliotecarias... un encanto. ;) #maisalódoazuledorosa Unha xornada moi interesante dirixida a familias e docentes na que, xunto a Ana Álvarez, debatemos sobre coeducación e o maravilloso proxecto Bata. Esta semana estiven no CEIP María Pita convidada polo gran equipo gañador do Premio Concepción Arenal da Deputación da Coruña co proxecto "Tripulando a igualdade". Foi un pracer estar con todos eles e ser testigo de tanto entusiasmo. Noraboa a Raúl Soutelo e José Manuel Vázquez Lijó, gañadores do XI Premio Manuel Murguía de Ensaio da Deputación da Coruña.
O xurado estaba composto por África López Souto, Ana Torres Jack, Uxío-Breogán Diéguez, Helena Miguélez e o gañador da última edición, Marcelino Agís. O acto de entrega celebrouse no Pazo de Mariñán o 14 de decembro de 2017. Interesantísima xornada a de onte, "Ciberacoso: violencia de xénero e mocidade", organizada polo Consello da Cultura Galega. Un pracer coincidir con Carme Adán, Maria X Porteiro, Rita Laura Segato, Paz Filgueira Paz, Antonio Rial Boubeta, Sonia Rama e Ana Saavedra Lopez, entre outros. Nas imaxes, a mesa redonda na que participei xunto á xuiza Paz Filgueira e que moderou Xosé Manuel Pereiro. |
AuthorWrite something about yourself. No need to be fancy, just an overview. Archives
September 2021
Categories |